Un músico miñorán: Germán Lago Durán.
O noso compañeiro Antonio Valverde Alonso (IEM) achegounos unha xoia do director musical Germán Lago Durán, fillo adoptivo do Val de Miñor. Trátase dun conxunto de gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid: “un conjunto español de guitarras y laúdes único en el mundo“, tal cal reza na portada do álbum. A mesma encóntrase xa a disposición dos socios do IEM na audioteca. A obra contén vinte e dous pezas adaptadas polo devandito director.
Adxuntamos o artigo para descargar o artigo “Un músico miñorán: Germán Lago Duran“, de Antonio Valverde Alonso, publicado no último número da Revista de Estudos Miñoranos. A se mesmo picando aquí, pódese ver un álbum de imaxes do artista, achegado por Valverde.