A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro acaba de poñer á venta o libro titulado “Nós, Galiñeiro”.
Trátase dunha manchea de artigos de prensa da autoría de Xosé Luís Méndez Ferrín, arestora Presidente da Real Academia Galega, publicados no Faro de Vigo, Hoja del Lunes, etc., que teñen como denominador común o referirse a lendas, tradicións, etimoloxía ou microtoponimia e como non, ¡madía leva!, a problemas dese abstracto xeográfico que deuse en chamar “Terra de Turonio”, problemas algún, que malfaladamente, seguen sen resolverse.
Hai dúas posibilidades: mercalo en Libraida ou Papilio de Gondomar, e outras librerías de Galicia (cando a distribuidora os mande), por 16 euros. A outra se pode chamar ao teléfono: 986 360 575 ou no correo electrónico oficina@minhor.org.
Nós Galiñeiro, forma parte da coleccións Universitas Minoris do Instituto de Estudos Miñoranos.
Ficha Técnica:
Editor: Instituto de Estudos Miñoranos
Autor: Xosé Luís Méndez Ferrín
Deseño de Portada e Maquetación: Pedro Telmo Rodríguez
Deseño de Maqueta: Daniel Sotelo
Edición ao coidado de: K12 Comunicación
Asesoramento lingüístico: Miguel Anxo Mouriño
Execución gráfica: Obradoiro Gráfico

Etiqueta:Méndez Ferrín, Nós Galiñeiro