A Sección de Filoloxía e Literatura do IEM convídate a participar da iniciativa: “POR UN GALEGO MELLOR “
Consideracións pragmáticas sobre a lingua
Este pretende ser un percorrido pola lingua eminentemente pragmático coa vocación de axudar, desinteresadamente, os usuarios que, por unhas ou outras razóns, teñen un dominio incompleto do idioma. Como isto sucede, maioritariamente, entre quen ten como lingua de instalación o castelán, usaremos con frecuencia a comparación con esta lingua.
Esta andaina desenvolverase por etapas semanais con consideracións e exercicios sobre distintos temas que nos permitan resolver o maior número posible das dúbidas que adoitan asaltar os usuarios dunha lingua na que non recibiron unha ampla formación.
Créase esta actividade a petición dun grupo de persoas interesadas coas que interactuaremos semanalmente para facerlles chegar as nosas propostas e recibir suxestións, dúbidas e comentarios que nos permitan mellorar os nosos métodos. Pero os resultados queremos compartilos con todos os que o desexen; podedes, pois, enviarnos os vosos nomes e correos electrónicos e recibiredes cada semana a mesma información citada que lles pode ser de utilidade aos interesados en perfeccionar a lingua xa que a maior parte dos exercicios propostos son de autocorrección, e as contestacións das dúbidas recibidas seranlle enviadas ao gran grupo para que todos poidan ver reflectidas nelas as súas propias dúbidas.
Os interesados deben dirixirse ao correo oficina@ minhor.org