Actividades con motivo do Centenario de Álvaro Cunqueiro.
A Sección de Lingua e Literatura do Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha serie de actividade con motivo do Centenario de Álvaro Cunqueiro, en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Cultual da Universidade de Vigo e que se desenvolverán segundo o seguinte calendario:
- venres 16 de setembro, recital poético de textos de Álvaro Cunqueiro a cargo dos poetas Elvira Riveiro e Anxo Angueira, concerto musical baseado en textos de Cunqueiro a cargo de César Morán e representación do prólogo do Incerto señor don Hamlet a cargo do grupo “Non si? Teatro”. Terá lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, ás 20:30h.
- venres 23 de setembro, presentación e proxección do documental en homenaxe a Álvaro Cunqueiro a cargo do seu director, o profesor da U. de Vigo, Manuel Forcadela. Terá lugar na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” ás 20:30h.
Etiqueta:centenario alvaro cunqueiro