• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Linguística e literatura

      • Inicio
      • Blog
      • Linguística e literatura
      • Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.
      CARTEL

      Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Linguística e literatura
      • Data 14 Maio 2012
      • Comentarios 0 Comentarios

      – O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
      -Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

      O Instituto de Estudos Miñoranos está a organizar un acto de homenaxe a Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1899 – Vigo 1987), un dos máis poliédricos activistas do galego da nosa recente historia. Poeta, xornalista, avogado, empresario, político … Paz Andrade é o galego que asumiu Galicia como tarefa e dedicoulle un anaco moi importante da súa vida. Seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, contaxioulle o amor á poesía galega e a amizade de Castelao, a quen dedicaría unha parte notable da súa obra poética. Foi colaborador xornalístico dende moi novo, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, fundador e director do xornal Galicia, avogado de sona, colaborador da revista Industrias Pesqueras, membro do Seminario de Estudos Galegos, redactor do Estatuto, membro da RAG, senador pola provincia de Pontevedra… Por outra banda, foi tiroteado polos anarquistas nun gravísimo atentado, estivo desterrado polo réxime en Verín, onde padeceu outro intento de atentado por parte dun grupo de falanxistas, pasou algún tempo no cárcere por motivos políticos, …
      Finalmente queremos salientar a súa participación na fundación e funcionamento dunha empresa pioneira no mundo que revolucionou a industria pesqueira e que leva un nome galego: Pescanova. Os buques conxeladores, unha total innovación, exhibiron polo mundo nomes moi entrañables: Galicia, Ferrol, Gondomar, Betanzos …. Destacou, pois, como grande empresario e por iso este día 17 de maio a el dedicado os seus colegas, empresarios do Val Miñor, queren renderlle homenaxe recitando poemas seus no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar. Únese xenerosamente á homenaxe o coro tradicional Cantares do Brión que interpretará pezas do seu repertorio coa incorporación dunha obra creada e ensaiada para este evento ao musicar o poema “Tríadas do vento no mar”, do libro Sementeira do vento. O Acto será conducido polas escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega e comezará ás sete e media da tarde do Día das Letras Galegas, 17 de maio de 2012.
      Queremos subliñar a colaboración de Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Gondomar (ACHEGO) e da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor que espallaron, con entusiasmo, entre os seus asociados a idea de participación nesta acto. Tamén salientamos a axuda de Casa Planta, do Concello de Gondomar e dun xeito especial da súa Consellería de Cultura.

       

      Para descargar o cartel da Homenaxe preme aquí.

      Etiqueta:Día das letras galegas

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Este domingo non hai curro na Valga.
      14 Maio 2012

      Siguiente publicación

      Acto homenaxe ás vítimas portuguesas da represión franquista en Monçao.
      14 Maio 2012

      Tamén che pode interesar

      antonio_fraguas
      Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H
      17 Maio, 2019
      tras os pasos do conde de gondomar
      Presentación do libro TRAS OS PASOS DO CONDE DE GONDOMAR. UNHA VIAXE ALÉN MIÑOR
      12 Xuño, 2016
      12509719_924994580882911_118785126952161805_n
      Presentación do libro ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO. OBRA PLÁSTICA PARA O IEM 2002/2015.
      18 Xaneiro, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?