Colaboracións Literarias: “A bola” de Mª Goretti Fariña.
Mª Goretti Fariña tráenos hoxe o agasallo suculento do pan, no formato máis tradicional, a bola saborosa, bocado exquisito aínda que sexa sen compango, nin viño, nin friame; elixe, tamén, unha estrofa, os tercetos encadeados, que remontan a súa tradición ata o divino Dante, e amósasenos poboada de moi ilustres cultivadores en todos os tempos e lugares. E, para completar a adxectivación do seu poema, levar os alimentos á poesía é un feito que podemos rastrexar xa dende Homero e que se estende por todos os países e épocas, con exemplos egrexios como Baudelaire (viño), Gabriela Mistral (pan) ou Pablo Neruda (congro); no noso ámbito o poema de Goretti ten antecedentes non menos insignes; gústanos pensar esta bola formando equipo, e complementándose mutuamente, co xamón de Otero Pedrayo e o viño espadeiro de Cabanillas, e buscando, todos tres, o recuncho ledo dunha tasca e a compañía, tan tradicional, alegre e reconfortante, dos cantares tabernarios. Sexa benvida a bola de Fariña.
Preme aquí para descargar o texto
Preme aquí para ingresar ao índice das Colaboracións Literarias
Etiqueta:Colaboracións Literarias