Colaboracións Literarias: “A illa no mar chan”, adianto da novela “Galiza Mutante: Poder Nuclear!” de Tomás Ahola.
O pasado mércores 22 de maio presentouse en Compostela a primeira novela de Tomás González Ahola, Galiza Mutante: Poder Nuclear!, editada conxuntamente entre Urco editora e Contos Estraños editora. Trátase dunha trama postapocalíptica ambientada nunha Galicia que rexorde moitos anos despois dun cataclismo, onde non falta o humor e a sátira social. A illa no mar chan, é o título dun dos contos que integran a devandita obra e que o autor tivo a amabilidade de compartir con nós dentro da serie Colaboracións Literarias.
No libro, O Pastor, Rocho, Holifoz e Costenla, catro mutantes acabados de chegar a Cmph’sthulhu, “terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes, como o capitán Xacho-beu, os Sete Bispos Mutantes e outros moitos enxendros nacidos deste novo e delirante mundo”.
Etiqueta:Colaboracións Literarias