Colaboracións Literarias: “Brila, NO ANO DE ROSALÍA”
Débense corrixir os orixinais de Rosalía de Castro? Cumpre modificar a ortografía de Otero Pedrayo?
Sinala Miguel Anxo Mouriño que cando un poeta escribía a súa obra en galego antes da existencia de normativas, “este era un idioma popular, sen ningún tipo de rexistros cultos onde poder estudar”. A partir desta constatación, Mouriño achéganos unha profunda reflexións sobre a responsabilidade dos correctores e editores contemporáneos á hora de tratar escritos antigos. Presenta para iso unha serie de exemplos que analiza á luz do que considera unha tarefa a prol da dignidade da nosa lingua. Preme aquí para descargar “Brila, NO ANO DE ROSALÍA”
Etiqueta:Colaboracións Literarias