Colaboracións Literarias: “Cabalgar nun lóstrego tardío”, de Eva Rodríguez Ferreiros.
Traemos hoxe unha nova achega de Eva Rodríguez Ferreiros, neste caso en forma de poemas intimistas, ventá aberta á alma da poeta ao tempo que velada con eses farrapos etéreos que nos deixan albiscar a imaxe esfumada desta escritora serodia que cabalga, tal nun lóstrego tardío, a poesía indomable, pero amable, nesa paisaxe interior de praias deseñadas polo mar buscando, sempre, o pulso do ser na procura de dourados aloumiños, na procura, en fin, do que foi e pode volver ser. Deixámosvos coa lectura, demorada, a ser posible, de Cabalgar nun lóstrego tardío.
Etiqueta:Colaboracións Literarias