Colaboracións Literarias: “CHOVE, CHOVE, CHOVE, CHOVE”, de Pepe Cáccamo.
Pepe Cáccamo creou este poema para o Diario Cultural da Radio Galega, respondendo a unha petición do ente para homenaxear o sesquicentenairo de Cantares Gallegos. Indícanos que o fixo en ton humorístico e en glosa parcial do poema rosalián Como chove miudiño. O divertimento poético, como el o cualifica, adquire, non obstante, certas connotacións que penetran fondamente na ánima e no ánimo daqueles lectores concienciados coa realidade cultural e lingüística de Galicia; non por casualidade, pensamos, di que chove nos versos de Rosalía, a autora representativa da nosa identidade. Chove, chove, chove, chove, unha chuvia constante, teimuda coma un boi turrón (aran os bois e chove), que recrea e eterniza sobre o noso país esa Negra Sombra da poeta nacional.
Preme aquí para descargar o texto
Preme aquí para consultar o catálogo das Colaboracións Literarias