Colaboracións Literarias: “OS URUGUAIOS VIÑERON DESPOIS”, de Pablo Casal.
Pablo Casal Núñez naceu en Vigo en 1968 e licenciouse en Educación Física en 1994. Ademais de autor de varias publicacións na súa especialidade, Pablo Casal leva adiante un abondoso traballo na protección e divulgación do patrimonio natural e etnográfico do Val Miñor. Parte do cal será proximamente publicado nunha unidade didáctica: A orientación en puntos de interese arqueolóxico, xeolóxico e etnográfico da serra do Galiñeiro. Ofrecemos o relato “OS URUGUAIOS VIÑERON DESPOIS“, da súa autoría, nesta oitava entrega das Colaboracións Literarias.
Preme aquí para descargar o relato
Preme aquí para descargar o relato
Etiqueta:serra do galiñeiro