“Lento Auschwitz lingüístico en Galicia”, por X. M. Rivas
Con motivo do 25 aniversario do xornal A Peneira, X. M. Rivas escribiu o artigo “Lento Auschwitz lingüístico en Galicia”, publicado no número 500 da citada publicación no ano 2009. O escrito mantén plena vixencia, tanto polas súas reflexións sobre os históricos problemas que atinxen ao eido lingüístico no país, coma polas súas achegas e pescudas documentais que apoian cada unha das afirmacións contidas no texto.
Hoxe compartimos unha versión dixital do “Lento Auschwitz lingüístico en Galicia”, a que se pode descargar en formato pdf ou ler en liña.