Presentación de “As flores do mal” de Baudelaire
O próximo venres, 26 de marzo de 1010, ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a presentación da versión galega de “As flores do mal” de Baudelaire, que realizou o profesor de Filoloxía da Universidade de Vigo e membro da Xunta de Goberno do IEM, Gonzalo Navaza Blanco
A presentación tanto de Gonzalo Navaza Blanco como a súa versión de “As flores do mal” correrá a cargo da tamén profesora e traductora, premio de traducción Placido Castro, Emma Lázare.
A edición bilingüe Francés/Galego de “As flores do mal” de Charles Baudelaire é unha obra poético * *cun ritmo e unha musicalidade únicos que a vizosa tradución galega de Gonzalo Navaza consegue transmitir na súa plenitude.
Con /As flores do mal/ (1857), Charles Baudelaire situaba a poesía na encrucillada da literatura moderna. Nada do escrito despois se había de ler do mesmo xeito, xa non se podería escribir coma antes. Por primeira vez, a poesía descobre a ruidosa corrente da multitude, asexa a beleza en territorios onde nunca se concibira a súa existencia, conquista a cidade e acariña o escuro mundo da finitude e do perverso. Un alento descoñecido ata daquela percorre os versos dun libro considerado un dos fitos da literatura de todos os tempos.
Esta tradución, publicada pola Editorial Galaxia, de Gonzalo Navaza recibiu o premio á mellor traducción do 2008 da AELG.
Etiqueta:Gonzalo Navaza