• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Linguística e literatura

      • Inicio
      • Blog
      • Linguística e literatura
      • Texto lido por Marta Dacosta na presentación “Dark Butterfly” de Rexina Vega.
      marta-e-rexina

      Texto lido por Marta Dacosta na presentación “Dark Butterfly” de Rexina Vega.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Linguística e literatura
      • Data 5 Xuño 2012
      • Comentarios 0 Comentarios

      Escribir é espirse, expoñerse, situarse no centro do escenario e alí ser obxecto de observación, análise, disección.

      Escribir é abrirse en canal, cravar un coitelo xusto por debaixo da gorxa e cortar sen consideración un a un pel, músculo, óso, para deixar á vosa vista os motores que nos impulsan, esas máquinas de tecido vivo que palpitan como un motor de explosión levando osíxeno, combustíbel, ao corpo todo.

      A que escribe íspese, rómpese e deixa á vosa vista o pouso de días e días.

      Leo. Subliño. Concordo: “a arte é a actividade mediante a cal pode reconstruírse o mundo cando o mundo xa desapareceu”. Reescribo: a arte é a actividade mediante a cal pode reconstruírse a vida, cando a vida desapareceu” e afirmo: eu necesito esta arte, a arte que me transporta á miña propia realidade e abre as portas que eu deixara pechadas. Cómpre ver.

      A arte é menciña para abrir as feridas, saber canta pus se agacha baixo as costras, limpalas, cauterizalas, vixiar a súa cicatrización, tan lenta.

      A que escribe tal vez usou o líquido salino e transparente dos seus ollos para limpar as palabras que debían debuxar un itinerario de comprensión, converterse nunha resposta para a que afirmou un día: “algún sentido terá que ter a miña vida. Algún sentido…”

      Escoita, escóitasme? Tivo sentido, ten sentido, que saibas que me preguntei a min mesma se estou fóra ou dentro do acuario, se son un peixe triste nadando entre paredes de cristal que non podo atravesar ou estou fóra, vendo como nada me toca, allea á realidade, porque non a percibo no seu conxunto, na súa total complexidade.

      Tal vez no Caos todo ten sentido, porque é certo que o bater desesperado das túas ás, avelaíña, chegou a este momento e puidemos rozar os bordes agudos da dor que transportaches.

      A miña emoción divídese. Percibo unha destrutiva sensación de claustrofobia, reparo en que a alma está presa nun campo de concentración e por iso elabora estratexias colaboracionistas, quere sobrevivir. Estou inmersa no relato, subliño de novo: “non es libre, como o son eu”, “Pode que, ao contrario do que a xente pensa, sexamos nós os normais, nós os que vivimos arrodeados de seres presos do delirio. É unha cuestión de perspectiva”

      Perspectiva

      Entón a miña emoción sitúase noutra perspectiva. A da muller sentada, a muller que escribe con esa caligrafía ilexíbel, desde sempre. E pregúntome, de onde sae o valor. Cantas batallas venceu contra si mesma. A batalla da memoria, volvendo os ollos atrás. A batalla da escrita pescudando nas palabras, preguntándose por que viñan esas palabras á luz, como as avelaíñas, lendo como se lle fose estraño o que nunca o foi.

      A batalla de espirse, de abrir a ventá, de deixar saír fóra o que está dentro da casa.

      Son moitas batallas. Cómpre moito valor. Porque se difícil foi escribir, moito máis difícil é dar á publicación. Porque escribir é espirse.

      Querería ter dito estas palabras cando a noite for pechada, sentada na escuridade rota por unha soa luz e agardar a que chegasen as avelaíñas, ver se son claras ou escuras e interpretar as súas mensaxes. Escoitar, asexando o seu voar imparábel, tantas cousas que aínda debemos sentir.

      Hoxe é difícil explicar as emocións que este libro prendeu en min. Así que só me queda unha palabra para darlle a Xina:

      Grazas.

      Marta Dacosta

      31 de maio de 2012.

      Presentación de Dark butterfly. IEM. Gondomar.

      Etiqueta:Dark Batterfly, Marta Dacosta, Rexina Vega

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      A exposición “Patrimonio Natural” producida polo GAC 7 visita o Centro Cultural de Pedornes.
      5 Xuño 2012

      Siguiente publicación

      Terceiro faladoiro sobre o Lean Manufacturing do enxeñeiro industrial Jesús Fernández Alonso.
      5 Xuño 2012

      Tamén che pode interesar

      antonio_fraguas
      Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H
      17 Maio, 2019
      tras os pasos do conde de gondomar
      Presentación do libro TRAS OS PASOS DO CONDE DE GONDOMAR. UNHA VIAXE ALÉN MIÑOR
      12 Xuño, 2016
      12509719_924994580882911_118785126952161805_n
      Presentación do libro ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO. OBRA PLÁSTICA PARA O IEM 2002/2015.
      18 Xaneiro, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?