Xosé Vázquez Pintor presenta o seu último libro “Máis Vidas”
O próximo mércores 12 de maio ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación de “Máis vidas”, último libro de Xosé Vázquez Pintor, editado por Edicións Espiral Maior, no que se inclúe unha serie de crónicas de vidas estremas, cunha prosa de alta tensión e gran beleza literaria, culminación dunha traxectoria narrativa intensa, unha das mais importantes en lingua galega do ultimo decenio.
Trátase de 63 crónicas das que o autor di: “Tiña ganas de escribir para rebrincar con elas, coma os xolgaretes e as trasnadas dos picaros literarios”
O autor será presentado polo vicedirector do Instituto de Estudos Miñoranos Xosé Lois Vilar Pedreira.
Agardando que sexa do voso interese.
Etiqueta:Xosé Vázquez Pintor