• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Memoria histórica

      • Inicio
      • Blog
      • Memoria histórica
      • A Chan de Val Verde: ” O rostro do nome”
      Manuel Prudencio

      A Chan de Val Verde: ” O rostro do nome”

      • Publicado por IEM
      • Categorías Memoria histórica
      • Data 31 Marzo 2011
      • Comentarios 0 Comentarios

       

       

       

       

       

       

       

       

      A Chan de Val Verde é unha coleccións de artigos xornalísticos escritos polo profesor Carlos Méixome e nados no xornal A Peneira. Vencellados ás pescudas que en materia de Memoria Histórica ven desenvolvendo Méixome a través do IEM, estes escritos achégan as pequenas narracións que rematan amosando a cara humana da Historia. A partir de hoxe e de xeito semanal compartiremos estes traballos.

      “O rostro do nome”

      As persoas que seguiron máis ou menos de preto todo o proceso de identificación e entrega dos restos dos cinco cadáveres exhumados nas dúas fosas de San Xián decataríanse de que estabamos a traballar con nomes e só cun rostro, o de Joaquin Iglesias, o carpinteiro de San Pedro. Dos outros catro non tiñamos esa imaxe que nos aproxima ás vítimas. Mesmo en dous casos nin nome tiñamos e seguemos sen ter.

      Hai un tempo visitounos o xornalista Carlos Pessoa do Público e realizou unha excelente reportaxe, con fotografía de Paulo Pimenta, sobre Abilio e Manuel (poden consultalo en http://www.minhor.org/docs/234_Binder1.pdf) , os dous cidadáns portugueses, veciños de Chaín, asasinados en febreiro de 1937.

      Tiñamos pois os seus cadáveres, algunha documentación escasa, identificación por ADN,  pero non tiñamos a proximidade de ollar un rostro, de procurar os ollos vivos e un pouco travesos, a faciana redonda coma unha bola de bo pan, de alguén que foi un corpo e que tíñamos limitado a un nome.

      O Carlos Pessoa moveu os seus contactos e procurounos os datos que nos permitiron rematar a identificación de Manuel Prudêncio do Rosario e mesmo a imaxe do rostro dun nome. No Arquivo do Exército Portugués localizou a “folha de matricula” de Manuel. Puidemos confirmar que Manuel Prudêncio era, efectivamente, natural de Santarem, en concreto de Pernes, na fregresía do mesmo nome. Nacera o 20 de abril de 1905, fillo de Joaquin Prudêncio e Maria do Rosario. Foi alistado o 21 de xullo de 1925, incorporouse ao exército en febreiro de 1926 e ficou licenciado en setembro de 1927. No apartado de “ocupação” figura “proprietario”, o que nos fai pensar nunha  “certa” posición económica. Era analfabeto.

      O seu paso polo exército portugués non debeu ser nada doado xa que dende abril a xuño de 1927 estivo destinado nunha unidade disciplinar e o seu “registo criminal e disciplinar” está inzado de anotacións comezando coas de setembro de 1926 cando foi sucesivamente condenado a 10 días de “detenção” por ter “em péssimo estado de asseio o arreio cuja limpeza está a seu cargo” e “por ter saido do quartel sem licença”; a outros tantos días por que “a pesar de prevenido por varias vezes pelo oficial encarregado do material de guerra de que não podia usar no cinturão um botão grande (…) não cumpriu esta ordem (…) alterando assim o plano de uniforme e danificando o cinturão que no sítio do botão apresenta um buraco”.

      A dez días de prisión disciplinar agravada foi condenado, na mesma data que nos casos anteriores, 4 de setembro de 1936, por “responder inconvenientemente ao Sr. Major” e “pôr-se em fuga na carroça (…) na que levara a ração para os solípedes dos oficiais”; o feito polo que é condenado tivera lugar o 26 de agosto. Ao día seguinte fóra beber a unha fonte e demorouse máis tempo do necesario, foi conducido, de má vontade, ante o oficial e resultou condenado a quince días de prisión disciplinaria agravada. En marzo de 1937 foi condenado en dúas ocasións; a seis días de prisión, o 28 de marzo, e a 20 días o 30 do mesmo mes. A primeira condena foi “por não cumprir prontamente unha ordem que lhe foi dada pelo cabo de día ao grupo (…) se permitiu insultar aquele seu superior dirigindo-lhe uma obscenidade impropia dun militar brioso, ofendendo e dando un pessimo ejemplo ás praças ultimamente alistadas”; a segunda porque estando na prisión militar “se permitiu insultar o 1º cabo”. Foi aínda condenado a outro día de prisión, o 17 de xullo, “por não cumprir prontamente a ordem que lhe foi dada”. No mes de agosto volvería a ser condenado a 10 días de prisión: “por sair do quartel (…) iludindo a vigilância da sentinela”.

      O “registo” continúa anotando as multas por “ter faltado à revista de inspecção” dende 1929, ano no que supoñemos se estableceu entre nós. Tería pois 24 anos. Matárono con 32 anos, aínda que a acta de defunción di que tiña 33, faltábanlle aínda dous meses para cumprilos.

      Tantos anos despois, cando lle entregamos a foto á súa filla Angelina, que como os seus irmáns nunca viran unha imaxe do pai, o seu rostro colleu vida.

       

       

       

      Etiqueta:A chan de valverde, manuel prudencio

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      A Sección Marítima do IEM na celebración da Reconquista de Vigo.
      31 Marzo 2011

      Siguiente publicación

      O humor de Xosé Lois González "O Carrabouxo" na TERTULIA do IEM.
      4 Abril 2011

      Tamén che pode interesar

      exhumacion-cemiterio-filgue
      O IEM exhuma restos que poderían pertencer a un concelleiro d’Arnoia asasinado por falanxistas en 1936.
      23 Setembro, 2018
      A volta dos nove 2016
      17 Outubro, 2016

      A volta dos nove 2016 {youtube}ES-JIAXxDFM{/youtube}  

      captura de pantalla 2016-10-03 a las 21.44.09
      IV Cine e memoria Represaliadas
      2 Outubro, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?