• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Memoria histórica

      • Inicio
      • Blog
      • Memoria histórica
      • A creba dos Álvarez*
      pepe-caccamo-carlos-meixome

      A creba dos Álvarez*

      • Publicado por IEM
      • Categorías Memoria histórica
      • Data 23 Marzo 2015
      • Comentarios 0 Comentarios

       

      “A violencia fascista levou á morte por fusilamento ao meu avó Dario Álvarez Limeses e ao seu sobriño Alexandre Bóveda, ao exilio ao curmán de meu pai Xerardo Álvarez Gallego, ao desterro ao meu pai e a outro curmán seu, Emilio Álvarez Gallego, á cadea ao meu tío Darío Álvarez Blázquez no 47”.

      Con este tráxico reconto familiar, tirado da súa Memoria de poeta (2006), enceta Xosé María Álvarez Cáccamo o seu libro A Voz quebrada. Da memoria histórica e o terror fascista (2014). Catorce textos, breves na súa maioría, escritos, ou ditos, entre 2003 e 2014, pero publicados sen orde temporal, que nos falan da “verdade na conciencia que ás veces confundo a miña memoria coa dos meus maiores”. Preguntábase Benjamin, nunha das súas teses sobre a historia: “Acaso nas voces ás que lle prestamos ouvido non resoa o eco doutras voces que deixaron de soar”. Velaí o carácter matricial da memoria que fica ancorada nos feitos singulares sempre en transformación, aberta, que nunca remata por fixarse, sempre influída por acontecementos posteriores, por experiencias que se superpoñen e van modificando o recordo ata que: “Creo que eu estaba alí, en Tui, o dia 30 de outubro de 1936, ás seis horas e corenta e cinco minutos da mañá, e que puiden escoitar os tiros que lle arrincaron a vida” (refírese ao seu avó Darío Álvarez Limeses). A memoria e a historia teñen unha mesma preocupación: o pasado; pero entre ambas existe unha xerarquía. A memoria é fonte, a historia relato. A historia nace da memoria e despois ten que se liberar dela. O que nos ofrece Pepe Cáccamo é memoria “fondeada en sombra fría de dor” que nos acompaña na “alba insomne” e se revolve contra o “negacionismo erixido polos responsables do xenocidio e da ditadura” para lembrarnos “aquel programa de exterminio exhaustivo” que se impuxo en 1936 “por maioría absoluta de terror” e soñar coa vinganza, coa lexítima vinganza que non pode ser realidade.

      Cáccamo xa se ten achegado noutras moitas ocasións, lembramos os seus Cadernos da ira (1999), ao “espanto da violencia xenocida” como nos recorda, no atinado e fermoso prologo, Xosé Manuel Beiras ensarillando o pensamento do poeta co  concepto de violencia excedente, desenvolvido polo filosofo Paco Sampedro.                        Pero hoxe gustaríame tamén falarvos, aínda que só fose un chisco, doutro Álvarez. Dun deses Álvarez ameazado “co exterminio ata a terceira xeración” como nos lembra o autor. Quixera falarvos de Darío Álvarez Blázquez que soubo aproveitar con xenio aquelas cativas regañas que se abriron nos anos inmediatamente posteriores á morte do ditador e antes de que o pacto de silencio de 1978 as tapiase con grosas e cotrosas capas de mouro esquecemento.

      Por razóns que agora non veñen ao caso chegou, hai anos, ás miñas mans unha carpeta de documentos que Darío Álvarez Bláquez  reunira para, segundo me informaron, algún día escribir as súas memorias.  Se isto fose así, nelas tería un especial relevo o exercicio da memoria da represión fascista e da resistencia antifranquista, dun xeito especial na cidade de Tui. Ordenei aquel material e completeino para publicar os traballos do doutor Álvarez Blázquez. A editorial estaba disposta. Falamos con Alfonso Álvarez Gándara, fillo de Darío e curmán de Pepe, ao que lle devolvemos os materiais orixinais. Pero nestas cousa xa se sabe. A editora non foi quen de encetar o traballo, logo ficou esquecido e despois arrombado na gabeta. Ata agora que A voz quebrada de Pepe provocou a súa recuperación.

      Darío Álvarez Blázquez, con visión e valentía, atrevérase a presentar un texto a un concurso de relato breve convocado pola revista “Historia y vida”  e resolto en decembro de 1974. O relato titulábase “Historias de la retaguardia nacionalista”. Teño a impresión de que ese traballiño foi o que puxo ao xornalista Cuco Cerecedo tras a pista de Darío Álvarez Blázquez que foi, sen dúbida, o principal informante do xornalista para elaborar unha célebre reportaxe publicada en “Historia 16” baixo o rótulo de “Cuando la sangre llegó al Miño. La guerra civil en Tui”. A reportaxe non se publicou ata despois da morte do xornalista, en 1977, pero tivo que ser redactado contra o remate de 1974 pois Darío Álvarez Blázquez gardaba entre os seus papeis unha carta dirixida ao director de “Historia 16” cunha serie de rectificacións ao traballo de Cerecedo.

      O 17 de abril de 1977, Darío Álvarez Blázquez iniciou unha serie de colaboracións en La Voz de Galicia baixo o rótulo xenérico de “Historias de Fuxidos”. Foron 10 colaboracións con evidente vontade literaria e sobre todo con manifesta intención de exercer a memoria da represión en Tui. A última colaboración publicouse o 10 de xullo de 1977. Uns días antes o director de La Voz de Galicia, dende 1968, Francisco Pillado Rivadulla presentara a súa dimisión irrevogable. Neses días perdeuse a colaboración número 9  que remataría por publicarse o 17 de xullo.

      A importancia da carpeta reside en que, nalgúns  casos, conserva os mecanoescritos orixinais e podemos comprobar os parágrafos, frases ou nomes que non foron publicados, ben, o máis probable, por propia autocensura ou ben por hipotéticas presións do xornal. En calquera caso, en todos os escritos, Darío guíase  pola sensata prudencia de quen sabe que estaba a xogar con lume.

      Ben merece Darío Álvarez Blázquez  un recoñecemento polo seu labor de revelado ou desvelado da ocultación. Parece a máis atinada homenaxe xuntar os seus escritos, anotados con aqueles parágrafos que ficaron ocultos no caixón, e publicalos.

      É preciso perseverar contra a ocultación. É preciso incorporar definitivamente o terror fascista do franquismo á Historia universal da infamia. É preciso quebrar a voz, aínda que doa, para que abrollen os rostros velados, espetados co alfinete de  entomólogo. É preciso, como di Beiras no prólogo, “transitar da crónica testemuñal e acusatoria á rememoración vindicativa e reparadora”. É o que fai Cáccamo na súa voz quebrada.

       

       



      * Lido na presentación de A voz quebrada na aula de cultura Ponte de Rosas en Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos o 15 de maio de 2014. Publicado  tras o remate do periplo que levou a axitación do libro por Tui, Cangas, Pontevedra, Vilaboa, Vigo, A Guarda, Bueu e Goián.

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      O fondo do Siñor Afranio cedido ao Instituto de Estudos Miñoranos pola familia Álvarez Cáccamo.
      23 Marzo 2015

      Siguiente publicación

      Presentación do libro “Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico”.
      23 Marzo 2015

      Tamén che pode interesar

      exhumacion-cemiterio-filgue
      O IEM exhuma restos que poderían pertencer a un concelleiro d’Arnoia asasinado por falanxistas en 1936.
      23 Setembro, 2018
      A volta dos nove 2016
      17 Outubro, 2016

      A volta dos nove 2016 {youtube}ES-JIAXxDFM{/youtube}  

      captura de pantalla 2016-10-03 a las 21.44.09
      IV Cine e memoria Represaliadas
      2 Outubro, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?