Convocatoria á Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo
A Iniciativa Galega pola Memoria que agrupa as entidades e persoas que traballan pola Recuperación da Memoria Histórica, convoca para o vindeiro domingo 17 de xullo, a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, que desde o ano da memoria, no 2006, ven celebrándose na Illa de San Simón. Nesta homenaxe, percorreranse os lugares que albergaron os últimos días de moitos presos políticos galegos, farase unha visita guiada, celebraranse actos musicais e poéticos, lembrarace a historia e a participación de antigos presos na colonia penitenciaria.
Os actos comezarán co embarque ás 10 de mañá do porto de San Adrián de Cobres e rematarán a ás 13:30 que se embarcará na Illa de volta. Debido á limitación de prazas no barco é fundamental que as persoas interesadas se dirixan ao IEM ou as entidades adheridas á IGM para anotarse. Cada asociación ten asignada un número aproximado de prazas de xeito que a admisión será por orde de inscrición.
Para inscribirse facelo polo teléfono 986360575 no horario de 18 a 22 horas de luns a venres.