Declaración de Reparación moral, en aplicación da Lei da Memoria Histórica a X. Crego
O membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos e técnico de edición, Xosé Manuel García Crego, veciño de Priegue, Nigrán, ven de recibir do Ministerio de Justicia , a Declaración de Reparación e Recoñecemento Persoal, expedida ao seu favor “en virtude do disposto no parágrafo 1 do artigo 4 da Lei 52/2007, de 26 de decembro (coñecida como Lei da Memoria Histórica), pola cal a democracia española honra aos que inxustamente padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura.”
Nesta declaración afírmase que quedou acreditado que Xosé Manuel García Crego, membro (naquela altura) da Unión do Pobo Galego, padeceu persecución e prisión por razóns políticas e ideolóxicas, sendo inxustamente detido e procesado, sen as debidas garantías, polo ilexítimo Juzgado de Orden Público nº 1 de Madrid na data do 17 de xuño de 1976.
Xosé Manuel García Crego fora procesado no Sumario 1606/76 do Juzgado de Orden Público nº 1 de Madrid, asinando o auto de procesamento o coñecido maxistrado Gómez-Chaparro, quen decretou prisión provisional. Ingresou na prisión provincial da Coruña e saíu en liberdade, baixo fianza, semanas despois. No 1981, o seu nome aparecía nunha das listaxes de persoas que debían ser neutralizadas tras o golpe do 23F.

Etiqueta:xose garcia crego