Rexistros da Memoria: “Non vaiades que xa almorzaron”
{youtube width=”200″ height=”160″}eyZL3-PycOM{/youtube}
Esta realización ten por obxectivo achegar a todos os usuarios da web, os materiais e testemuños que alicerzaron as diferentes investigacións que sobre esta cuestión está a desenvolver o IEM.
A primeira serie leva como título “As Fosas de San Xián” e teñen por protagonista a Álvaro Araújo, fillo de Abilio, veciño da parroquia gondomareña de Chaín. Abilio é unha das cinco vítimas exhumadas no cemiterio de San Xián no ano 2009. O testemuño de Álvaro Araújo foi fundamental para contextualizar a información que se ía recollendo dos veciño de San Xián, así como a documentación dos distintos arquivos consultados. Entendemos que estes documentos son de interese público e como é política da institución deixámolos a disposición da cidadanía.
{youtube width=”400″ height=”320″}eyZL3-PycOM{/youtube}