Fillos de Roxos: Testemuña de Antonio Monroy
{youtube width=”200″ height=”160″}uC6O9psgC1Q{/youtube}
Antonio Monroy tiña tres anos cando un grupo de falanxistas e gardas civís irromperon na súa casa, pola noitiña, para levarse ao seu pai. Uns días despois cando ía coa súa nai a levarlle o xantar a cadea recibiu a nova de que xa non estaba alí. Na súa memoria quedou rexistrado o drama familiar simbolizado na tristeza e profunda dor que afogou, en vida, á súa nai, e tamén á miseria económica que os acompañou durante os anos de terror do franquismo.
Nove orfos deixou Adolfo Monroy Figueroa, de 43 anos, asasinado nas portas do cemiterio de Mos, na madrugada do 10 de novembro de 1936.
Adolfo Monroy, mariñeiro e sindicalista, fora ameazado de morte por membros da asociación de armadores de Bouzas pola súa defensa dos intereses obreiros na mesa de negociación. O golpe militar permitiulle aos seus inimigos quitar do medio a este traballador, líder do Sindicato de Industrias Pesqueras da CNT.
Etiqueta:fillos de roxos, rexistros da memoria