Homenaxe aos Mártires de Sobredo en Guillarei no 90º cabodano dos sucesos.
A memoria permanece e no caso dos mártires de Sobredo, Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González convértese cada ano nunha chamada á xustiza social, e á defensa do medio ambiente e do agro galego. Este domingo 25 de novembro se fará unha homenaxe polos 90 anos do lutuoso suceso, ocorrido o 27 de novembro de 1922 neste lugar de Guillarei (Tui), no que os tres veciños da comarca morreron por defender a outro que se negaba a pagar os foros. As forzas da orde dispararon contra a concentración veciñal e caeron as tres vítimas.
Programa da homenaxe
10,30 : Concentración na Carballeira de Sobredo .
11,00: Desprazamento até o monumento aos Mártires de Sobredo.
11,30: Presentación do acto e intervencións de Marga do Val (poeta – escritora) e Manolo Bragado (editor).
12,30: Ofrenda floral no monumento. Clausura do acto. Actuación do Grupo de Gaitas Folieiros.
Organizan o Instituto de Estudos Agrarios – Mártires de Sobredo – IEAMSO
Etiqueta:mártires de sobredo