Intervención de Xosé Lois Vilar durante a 2ª conferencia do ciclo “75 anos despois”
{youtube width=”250″ height=”200″}iD7JYgm7pKc{/youtube}
Compartimos un anaco da intervención do historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) durante a presentación do libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) de Dionisio Pereira González. Na mesma fai un breve e claro resumo dos fundamentos deste ciclo historiográfico 75 anos despois a desenvolverse polo IEM e a Comisión Volta dos 9, neste mes de novembro na Capitanía Marítima de Baiona. O faladoiro céntrase nun resumo dos sucesos posteriores ao golpe de estado de 1936 no concello de Baiona, e nas actuais pescudas e traballos de exhumación desenvolvidos polo IEM.
Etiqueta:represión franquista, Val Miñor, Volta dos 9