Mapa das fosas da Guerra Civil
O pasado venres 6 de maio foi presentado o Mapa das fosas da Guerra Civil instalado na Web da memoria histórica do Ministerio de Justicia de España, posta en marcha polo goberno, no que se atopa como institución colaboradora o IEM. O acto desenvolveuse na Sala de Prensa do Ministerio de Justicia.
O proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” representou ás institucións na ocasión, no marco da estreita colaboración que está a desenvolver coa Subsecretaría de Justicia en materia de loaclización dos lugares de morte e enterramentos no caso da xeografía galega.
O proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, publicará nos próximos meses en internet, distintos mapas nos que se reflectirán a represión franquista en Galicia. Así os lugares de morte e lugares de enterramento poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información.
Neste acto, presentouse igualmente, a publicación (formato CD) do Ministerio de Justicia, da recompilación da normativa promulgada en materia de Memoria Histórica.
{youtube}V3ADFDaj-EU{/youtube}
{youtube}eyZL3-PycOM{/youtube}
{youtube}VsIuluhwUjc{/youtube}
Etiqueta:mapa das fosas da guerra civil