O IEM conta con 30 prazas para o acto na Illa de San Simón.
Iniciativa Galega pola Memoria confirmou que o IEM conta con 30 prazas de cara ao acto en Homenaxe ás vítimas do franquismo. O mesmo como xa anunciáramos desenvolverase na Illa de San Simón o vindeiro domingo 17 de xullo. Os actos comezarán co embarque ás 10 de mañá do porto de San Adrián de Cobres e rematarán a ás 13:30 que se embarcará na Illa de volta. Os interesados en concorrer co IEM deberán anotarse a través do correo electrónico oficina@minhor.org , ou a través do teléfono 986 360 575 de 18 a 22 h. de luns a venres.
Iniciativa Galega pola Memoria achegounos un mapa indicativo dos accesos ao acto que compartimos no seguinte enlace: MAPA
Iniciativa Galega pola Memoria achegounos un mapa indicativo dos accesos ao acto que compartimos no seguinte enlace: MAPA