O IEM no Foro 2010 Compostela
O IEM estará presente no Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz. Este evento está organizado polo Foro 2010 e o Proxecto Nomes e Voces, e ten como obxectivo reunir os días 13, 14 e 15 de decembro a recoñecidos profesionais de todo o mundo, especialistas no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación.
Xunto ás vítimas de procesos represivos, analizarán en perspectiva as diferentes experiencias no referente á superación de conflicto bélicos e ditaduras, incidindo nas políticas transicionais levadas a cabo desde os diferentes gobernos. O acto inaugural contará coa presenza de Lourenzo Fernández Prieto, Investigador Principal do Proxecto, e o profesor Nicolás Sánchez-Albornoz y Aboín. O lugar de celebración será o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación (Campus Universitario Norte).
INSCRICIÓNS PARA O FORO 2010
Abriuse o prazo de inscrición para os eventos do Foro 2010. Os e as participantes poden inscribirse para todos os eventos (Foro Mundial de Educación e tres congresos académicos) ou para cada un deles por separado. Existen tarifas especiais para habitantes do Sur xeopolítico, así como para inscricións de 5 ou máis membros dunha organización, que terán un 30% de desconto. O prazo de inscrición rematará o 21 de novembro de 2010. PARA INSCRIBIRSE PREMA AQUÍ
Etiqueta:congreso, foro, foro 2010, memória histórica, nomes e voces