O IEM participará da XVI Semana Galega de Historia. “Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria”.
Carlos Méixome (investigador, docente e director do IEM) exporá o tema “As fosas de San Xián. Un modelo de exhumación”, no que será a achega desta casa na XVI Semana Galega de Historia. “Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria”. O congreso que terá lugar entre os días 29 de novembro ao 1 de decembro entre A Coruña e Oroso, está organizado pola Asociación Galega de Historiadores e o Instituto Galego de Historia.
O obxectivo deste encontro é realizar unha posta ao día de boa parte dos traballos e liñas de investigación que se veñen desenvolvendo en Galiza nos últimos anos arredor do Franquismo e a denominada Memoria Histórica. Nese marco, o día venres 30 de novembro ás 12.45 horas terá lugar a intervención de Carlos Méixome na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, entidade colaboradora do congreso.
A participación nos faladoiros do congreso é libre, aínda que pódense matricular cun pequeno custe, aquelas persoas que desexen obter o certificado asistencia, así como unha serie de agasallos e a participación no acto de peche.
Preme aquí para descargar o programa do congreso e a información para matricularse.
Etiqueta:Fosas de San Xián