O informe “Baiona, 1936”, de Carlos Méixome pechou o Ciclo “75 anos despois”.
O historiador Carlos Méixome , pechou o ciclo historiográfico 75 anos despois, cunha conferencia baseada nas últimas pescudas desenvolvidas polas secciones de Arqueoloxía e Memoria Histórica do IEM, sobre a represión franquista no Val Miñor. Ao longo do faladoiro, Méixome contextualizou os datos achegados polas máis de 20 causas militares que leva desclasificando o IEM, os aportes dos traballos de exhumación dos últimos anos, xunto cos testemuñas orais e documentais que por máis dunha década estanse a recompilar.
O traballo presentado, centrouse especialmente na reconstrución dos episodios máis salientes nas datas previas e posteriores ao golpe de Estado de 1936. O contido da exposición será en breve editado en formato dixital para a súa lectura nesta web.
Tamén o pasado día xoves 1 de decembro, o historiador Domingo Rodríguez Teijeiro, no marco do mesmo ciclo, presentou o seu libro Presos e prisións na Galicia de Guerra e Posguerra (1936-1945). A conferencia amosou o complexo aparato represivo que a ditadura montou a partir do golpe e as posteriores modificacións que o sistema foi sufrindo durante o proceso de consolidación do réxime.
{youtube}mW8GaTOrTJQ{/youtube}