O profesor John Thompson da Universidade de Montana presenta o súa pescuda sobre arte e memoria.
John Thompson (1971) é doutor pola Universidade de Michigan e profesor de Linguas Modernas da Universidade de Montana. A súa presenza en Galicia débese a unha pescuda que el mesmo denomina “Lugares de memoria”. No seu traballo, Thompson intenta cartografar os monumentos e lugares públicos onde os artistas plasmaron obras a fin de manter viva a memoria de determinadas persoas ou feitos vinculados á represión en Galicia durante a ditadura franquista. Na entrevista que achegamos, o profesor describe algunhas características dos mesmo.
O profesor John Thompson presentou en 2009 unha primeira pescuda sobre memoria histórica en Galicia a través do seu ensaio As novelas da memoria. Nese traballo tomou como referencia 42 novelas que saíron á luz entre o ano 1957 e o 2007, e que foron escritas, entre outros, por Carlos Casares, Suso de Toro, María Xosé Queizán, Manolo Rivas, Anxo Angueiro, Antón Riveiro Coello e Xosé Manuel Sarille.