“Pontevedra nos anos do medo”, un libro que creba o silencio sobre a represión franquista en Pontevedra.
Máis de 70 vítimas da represión franquista en Pontevedra entre os anos 1936 – 1939 quedan rexistradas no libro Pontevedra nos anos do medo, que presentou o profesor Xosé “Pepe” Álvarez Castro o pasado venres 29 de novembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A obra é froito dunha longa pescuda nos arquivos do Estado español e de Galicia, así como na recollida de centos de testemuños orais. Este traballo permite ao lector achegarse aqueles anos “do medo” a través dun traballo que preocupouse en contextualizar toda a información para unha mellor compresión dos primeiros anos da ditadura en Pontevedra.
O autor foi presentado polo director do IEM, Carlos Méixome quen agradeceu ao autor, socio do IEM dende hai varios anos, a súa permanente colaboración con esta casa. Os vídeos que achegamos a continuación contén a intervención de Carlos Méixome co seu análise do libro e algunhas novas sobre a represión franquista no Val Miñor. Tamén a presentación de Xosé Álvarez Castro do seu traballo, así como novas achegas que tiveron lugar sobre o tema da obra en días posteriores á súa publicación.
{youtube}mIy2qLNM2MI&feature{/youtube}
{youtube}F1965usSc7E&feature{/youtube}
Etiqueta:Pontevedra nos anos do medo