Rexistros da memoria: Fillos de roxos
{youtube width=”200″ height=”160″}3T0VfIdoZBA{/youtube}
A vida dos nenos orfos do golpe do 36 é unha historia de soidades, miserias e medos que marcou ao longo da súa vida a mulleres e homes que hoxe son avós. Historias íntimas que deixaron a súa pegada nunha parte da memoria colectiva, a que foi condenada a manterse agochada nas propias familias dos vencidos.
O Instituto de Estudos Miñoranos , dende a súa fundación, e como parte do seu compromiso coa defensa do patrimonio material e inmaterial da bisbarra, e a memoria é patrimonio, foi investigando, recollendo e divulgando estas testemuñas que en boa medida permitiron fornecer os traballos históricos.
Hoxe comezamos a publicar a serie Fillos de roxos, pertencente aos Arquivos da Memoria do IEM. Neste primeiro capítulo, deixamos a testemuña de Telmo Comesaña, fillo de José Pérez, secretario da Sociedade Agraria de Arcade, asasinado xunto a seis membros desta organización de labregos o 6 de outubro de 1936 na parroquia de Vincios (Gondomar).
O relato é un anaco dunha TERTULIA do IEM do 3 de novembro de 2006, onde compartiu a súa experiencia como “fillo de roxos”, xunto a outros “nenos-avós”, que como el tiveron que medrar nunha época hostil, sobre todo cos máis débiles.
{youtube width=”400″ height=”320″}3T0VfIdoZBA{/youtube}
Etiqueta:fillos de roxos, rexistros da memoria