Segunda conferencia do ciclo 75 anos despois na Capitanía Marítima de Baiona.
Continuando co ciclo 75 anos despois, organizado polo IEM e a comisión Volta dos 9, o vindeiro xoves 24 de novembro, ás 20:30h na Capitanía Marítima de Baiona terá lugar unha nova conferencia sobre a nova historiografía da Guerra Civil e a represión franquista. Nesta ocasión estará presentes os historiadores Dionisio Pereira González e Gonzalo Amoedo López.
Ambos os dous especialistas, presentarán as súas últimas pescudas na materia a través da presentación dos libros Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (2010), no caso de Dionisio Pereira e A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra (2010), de Gonzalo Amoedo.
Etiqueta:75 anos volta dos 9, represión franquista