No 75 cabodano do asasinato dos 9 veciños do Val Miñor.
{youtube width=”250″ height=”200″}xQbpIzuWjNo{/youtube}
No 75 cabodano, nunha sinxela e sentida homenaxe foron recordados os nove veciños do Val Miñor asasinados na madrugada do 16 de outubro de 1936 no quilómetro 58 da estrada Pontevedra Camposancos. No mediodía do sábado 15, reunidos ao pé do monumento-homenaxe obra do escultor Fernando Casás, membros do Instituto de Estudos Miñoranos, a Comisión Volta dos Nove, familiares dos asasinados, concelleiros dos tres municipios do Val Miñor e veciñas e veciños da bisbarra, fixéronse presentes para acompañar a memoria das vítimas.Carlos Méixome (director do IEM) tomou a palabra para recordar que este ano a homenaxe ten un especial significado. Non só por ser o 75 aniversario daquela lutuosa madrugada, tamén, porque esta cerimonia é o punto de partida dun programa de actos que terán lugar no Val Miñor a partir da segunda quincena de novembro. Actividades que serán continuadas no 2012 coa apertura dun Centro da Memoria do Val Miñor e a recuperación do espazo Volta dos Nove segundo a idea orixinal do escultor Fernando Casás.
Etiqueta:volta dos nove