Testemuña do fillo de Manuel Aballe Domínguez. Volta dos Nove
{youtube width=”200″ height=”160″}IAQApEmpUFc{/youtube}
O martes 14 de setembro o IEM recibiu a visita de Luís Aballe Rial, fillo de Manuel Aballe Domínguez, uns dos nove asasinados, na madrugada do 16 de outubro de 1936, na estrada de Camposancos, ao saír de Baiona e antes de chegar a Baredo, no lugar hoxe coñecido como Volta dos Nove.
Acompañado da súa muller Mercedes Lago Pastor e do seu fillo Javier Aballe Lago, Luís Aballe lembrou os duros momentos vividos na súa infancia cando detiveron ao seu pai despois dun altercado co Cabo Pena, comandante do posto da Garda civil de Baiona, que pouco antes, mirando a uns nenos que estaban a xogar na rúa, dixo: “Estos son todos hijos de rojos, habría que matarlos a todos”.
A familia Aballe anda na procura de documentación para engadir o caso do seu pai asasinado aos casos presentados ante a xustiza arxentina. Achegamos unha testemuña da voz de Luís Aballe relatando os acontecementos que remataron coa detención do seu pai.