Xeografía da Represión en Galicia (1936-1939).
O Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces acaba de publicar na súa Páxina Web un especial dedicado á Xeografía da Represión en Galicia, entre os anos 1936 e 1939.
Así os lugares de morte e de enterramento ‐fosas en campo aberto, enterramentos de persoas represaliadas en recintos funerarios e fosas comúns‐, poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información individual de acordo coa Base de Datos de Vítimas da Represión en Galicia do Proxecto e outras fontes diversas, sen esquecer a representación gráfica.
Este contido especial foi elaborado polo Investigador e Coordinador do Proxecto Nomes e Voces, Dionisio Pereira. O mesmo desenvólvese no marco do Convenio de Colaboración co Ministerio de Xustiza do Goberno de España.
Etiqueta:xeografía da represión en galicia