Agresión ao conxunto arqueolóxico Agua da Laxe, Vincios (Gondomar).
Traballos de canalización de augas da Consellería do Medio Rural, danaron o soporte dunha rocha con petróglifos duns 4000 a 3500 anos de antigüidade. A pedra afectada contén un grupo de alabardas que integran o “Conxunto Agua da Laxe Nº 4”, a maior colección de gravados de armas de Europa.
Coñecida como a Lagoa dos Bromús, na parroquia de Vincios (Gondomar), a paraxe contén un depósito arqueolóxico apenas explorado onde se sitúa entre outras “A Pedra das Procesións”.

A obra non conta coas necesarias cautelas arqueolóxicas, nin có preceptivo informe de Patrimonio. A remoción de terras pode afectar gravemente a riqueza patrimonial da zona.
Os danos están a ser avaliados nestes momentos por un grupo de arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos.
Na brevidade informaremos os pasos a seguir.
Pódese ver a crónica da última xeira aos petróglifos onde se advertía sobre a desprotección do lugar. Tamén adxuntamos a folla informativa da mesma.