Diccionario de etnografia e antropoloxía de Galiza
O próximo mércores, 30 de xuño, as 20:30 h, na libraría LIBRAIDA (Rosalía de Castro nº 13, Gondomar) terá lugar a presentación do DICIONARIO DE ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA DE GALIZA (Edicións Nigratea) do que son autores Xosé Ramón Mariño Ferro e Xosé Manuel González Reboredo.
Xosé Ramón Mariño Ferro é profesor titular de antropoloxía cultural na Universidade de Santiago. Autor de numerosas publicación que tratan a bruxería, a medicina popular, as romarías, o entroido, a relixión… etc.
Xosé Manuel González Reboredo Etnógrafo e profesor retirado. Na actualidade é coordinador do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego. Leva publicado un gran número de artigos e libros de temática antropolóxica.
Os autores serán presentados por Xosé Lois Vilar (arqueólogo e subdirector do IEM)
Links de intese: La Voz de Galicia, GaliciaHoxe.com