• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Arqueoloxía

      • Inicio
      • Blog
      • Arqueoloxía
      • Nova intervención do IEM no depósito paleolítico de Porto Maior (As Neves)
      portomaior

      Nova intervención do IEM no depósito paleolítico de Porto Maior (As Neves)

      • Publicado por IEM
      • Categorías Arqueoloxía
      • Data 27 Marzo 2013
      • Comentarios 0 Comentarios

      Antecedentes

      O xacemento paleolítico de Porto Maior (As Neves) foi descuberto a finais do ano 2005 polo experto en arqueoloxía Manuel Ledo, con motivo da realización de obras na zona. A importancia do depósito era palpable desde o primeiro intre, xa que nese momento era o único xacemento galego con varios niveis con ferramentas do Paleolítico Inferior no contexto dunha secuencia estratigráfica desenvolvida. Tendo en conta o interese deste depósito o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), baixo a dirección da arqueóloga Rosa Villar, realizou unha primeira intervención de limpeza que puxo de manifesto o tremendo interese científico do lugar.

      Os traballos actuais

      Habería que esperar 6 anos para que no xacemento se acometese unha nova fase de investigacións máis profundas. Na últimas semanas un equipo de arqueólogos do IEM, baixo a dirección de Eduardo Méndez-Quintas (IEM) e Manuel Santonja (Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana, CENIEH) realizaron unha campaña de escavación e revisión estratigráfica do depósito con vistas a concretar a súa cronoloxía. Así mesmo, os investigadores Alfredo Pérez-González e Mathieu Duval, ambos do CENIEH, participaron respectivamente na caracterización estratigráfica e na obtención de mostras para a realización de datacións mediante a técnica da Resonancia Paramagnética Electrónica (ESR). Mediante a aplicación desta técnica punteira preténdese obter a data exacta da ocupación do depósito.

      Os resultados

      Os resultados das investigacións en curso non puideron ser máis satisfactorios. Puidéronse identificar ata catro niveles diferentes con evidencias de ocupación humana, dos cales tres son claramente de época paleolítica. Entre eles destaca un no que se localizaron unha descomunal concentración de ferramentas de pedra, máis concretamente grandes machados con forma de améndoa de tipo achelense, cuxa disposición é claramente intencional. Este tipo de ocupación era descoñecida ata o momento en Europa e os paralelos máis próximos atopámolos en África. Así mesmo, púidose verificar e clarificar a secuencia estratigráfica coñecida, a cal é máis complexa do esperado. Recalcar de novo a obtención de mostras para a datación por ESR, que permitirá dentro duns meses concretar a cronoloxía deste xacemento e que serán obtidas no laboratorio de ESR do CENIEH de Burgos.

      A importancia da estación paleolítica de Porto Maior

      Cos datos obtidos durante estes traballos, sumados aos derivados das fases previas de investigación, o xacemento de Porto Maior perfílase como un dos máis importantes a escala peninsular e ata europea no seu ámbito cronolóxico. Neste sentido destacamos:

      • A cronoloxía dos niveis principais do xacemento, poderían exceder os 400.000 anos de antigüidade, e polo tanto seríanos as evidencias máis antiga da presenza humana en Galicia e unha das máis antigas, da tecnoloxía achelense, en toda a Península Ibérica.
      • A longa sucesión de estratos con mostras de ocupación paleolítica, onde se documentan ata catro niveles de ocupación do Paleolítico Inferior, faia unha das máis completas a escala peninsular, para un depósito ao aire libre.
      • A documentación dunha extensa e deliberada acumulación de grandes machados de pedra, polo tanto as de maior tamaño coñecido na Península Ibérica e boa parte de Europa, era totalmente descoñecida no continente ata o momento. Este tipo de comportamento é ben coñecido nos xacementos deste tipo do Val do Rift africano, pero a súa función é aínda unha incógnita.
      • A cronoloxía do xacemento, que pode exceder os 400.000 anos de antigüidade e a presenza deste nivel de ocupación tan especial, converte ao xacemento de Porto Maior nun dos depósitos arqueolóxicos máis importantes e singulares de Galicia, pero cuxa transcendencia excede este ámbito e colócao como un dos máis importantes a escala europea no contexto das primeiras ocupacións humanas continentais.
      • Visita o noso blog para seguir as novas sobre o depósito paleolítico de Porto Maior. Preme aquí

      Etiqueta:Porto Maior

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Colaboracións Literarias: “O bosque”, por Eva Rodríguez Ferreiros.
      27 Marzo 2013

      Siguiente publicación

      Por que en Galicia escribimos con "ñ" e "ll" antes dos Reis Católicos?
      1 Abril 2013

      Tamén che pode interesar

      obradoiro-telearqueoloxa
      Obradoiro “Telearqueoloxía 2016” o próximo mércores 29 de xuño
      26 Xuño, 2016
      depositos-Minho-pag-10
      O Periódico de Atapuerca faise eco dos achados nos depósitos arqueolóxicos de Arbo e As Neves.
      9 Abril, 2013
      xornada_divulgativa
      3ª Xornada de Portas Abertas no xacemento paleolítico d’O Cabrón (Arbo)
      3 Agosto, 2012

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?