O arqueólogo Dr. Manuel Santonja visitou o xacemento O Cabrón.
{youtube width=”200″ height=”160″}keTMCM4Dh-Y{/youtube}
O arqueólogo Dr. Manuel Santonja Gómez opinou que o xacemento O Cabrón será “un hito” do coñecemento do Paleolítico Inferior en Galicia e o Norte da Península Ibérica. O experto visitou onte a escavación acompañado polo director do IEM Carlos Méixome, o director do proxecto, o arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM), o director dos traballo de campo Eduardo Méndez Quintas (IEM), e parte do equipo de traballo da Sección de Arqueoloxía.
Nos próximos días continuarán as pescudas no xacemento ao mesmo tempo que outros expertos chegarán para aportar os seus coñecementos o que permitirá afondar na investigación. O proxecto conta coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, que achegou materiais técnicos ademais do asesoramento científico de Manuel Santonja, coordinador da Área de Arqueoloxía Económica y Espacial do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana de Burgos (CENIEH).