O Cabrón: Atópase un depósito arqueolóxico único en Galicia. Mañá comezan as escavacións.
O Departamento de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos comeza mañá as escavacións en O Cabrón, Concello de Arbo. O depósito contén un tesouro arqueolóxico de 150.000 anos que moi probablemente permitirá acceder aos restos tal cal o deixaron aqueles antigos habitantes de Galicia, dada as condicións xeolóxicas da zona.
Moi cedo pola mañá comezan os primeiros traballos sobre o terreo, onde non se move moito a terra, pero se deixa todo pronto para as futuras escavacións que continuarán ao longo da semana.
O equipo contará, entre outros coa presenza de Eduardo Méndez, Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso e o director do IEM Carlos Méixome. Os expedición ten moitas expectativas cós posibles resultados destes traballos que poden dar novos e reveladores datos sobre a vida daquelas comunidades do Paleolítico Inferior. Os manténdemos informados.