O Mercado da Tía Ni acolle un obradoiro e coloquio sobre arte rupestre cunha visita nocturna aos petróglifos.
Xosé Lois Vilar (IEM), organiza este xoves 25 de agosto, unha xornada de difusión arqueolóxica e cultural no Mercado da Tía Ni, na parroquia de Sabarís. A actividade comeza ás 20h cun obradoiro de arqueoloxía a cargo do experto Manolo Ledo. Ás 21 h servirase unha merenda de” fruita da horta do Cura de Belesar”. Sobre as 21:30 Charla de Xose Lois Vilar sobre es escenas de caza na arte rupestre galega. Finalmente ás 22:30 h. partirá unha visita ós petróglifos de Outeiro dos Lameiros (Sabarís).