Diario do I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia
Durante o mes de marzo de 2012 estase a desenvolver o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia, organizado polo IEM en conxunto cos Concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo, e en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Dado o impacto do mesmo na comunidade científica -con máis de cen inscritos- e o interese amosado polo público en xeral nesta materia, manteremos ao longo do curso este diario a fin de facer accesibles as conferencias tanto como reforzo para os alumnos así como ferramenta de divulgación xeral.
Nel atoparase unha breve descrición de cada intervención e deseguido, o vídeo completo da mesma. Para acceder a cada conferencia bastará con dar un clic sobre o título da mesma no programa do curso situado a continuación.
02-03-2012 – Inauguración
02-03-2012 – Gonzalo Navaza. Que é a toponimia?
02-03-2012 – Ana Isabel Boullón. Toponimia e antroponimia.
03-03-2012 – Vicente Feixoo. Metodoloxía de recollida en toponimia. Problemática do traballo de campo.
03-03-2012 – Roberto Rodríguez. A recollida de toponimia: o concello de Oia.