Estudo dos topónimos “Nigrán”, “Vilameán” e “Seixas” do profesor Gonzalo Navaza.
Con motivo da edición do libro Sementar para os que veñan, homenaxe do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo aos 40 anos de maxisterio da catedrática Camiño Noia, (U. de Vigo, 2013), o profesor Gonzalo Navaza desenvolveu un documentado estudo sobre os topónimos miñoranos do concello e parroquia de Nigrán, a entidade de poboación Vilameán e a vía pública Seixas, relacionados coa residencia da profesora.
O artigo da conta das fontes históricas documentais relativas a estes topónimos e procede ao seu análise a través de pescudas na bibliografía autorizada así como da etimoloxía popular. Proceso que permite achegar unha aproximación á antigüidade e significado dos topónimos en estudo.
O estudo do profesor Gonzalo Navaza “Nigrán, Vilameán, Seixas” pode descargarse aquí.
Etiqueta:Toponimia Nigrán