Toponimia e antroponimia, por Ana Isabel Boullón.
Ana Isabel Boullón aportou as achegas da disciplina antroponímica no estudo e investigación de campo da toponimia. Salientou a importancia desta rama da lingüística que se ocupa dos nomes propios e apelidos das persoas, como parte da onomástica, división que estuda os nomes propios en xeral. Nese senso, centrouse en varios casos de lugares que derivan o seu topónimo de nomes de persoas.
No faladoiro advertiuse que moitos nomes da xeografía galega -ao igual que noutras rexións- tiveron orixe en nomes de persoas, e co tempo, á vez foron fonte de moitos apelidos actuais. O problema céntrase na “transparencia” coa que hoxe o investigador de topónimos pode detectar a evolución lingüística e morfolóxica que a través da historia sufriu a palabra que nomea un determinado espazo.
Na presentación, Boullón achegará experiencias e sobre todo metodoloxías que permitirán aos especialistas atopar significados e orixes de topónimos.
{youtube}sAmIiUZXC4Q{/youtube}
Etiqueta:Ana Isabel Boullón, antroponimia, toponimia