• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Caderno de Campo

      • Inicio
      • Blog
      • Caderno de Campo
      • Caderno de campo: Recollida de topónimos na parroquia de Panxón (Nigrán): Nº2
      panxon-porto-desfile

      Caderno de campo: Recollida de topónimos na parroquia de Panxón (Nigrán): Nº2

      • Publicado por IEM
      • Categorías Caderno de Campo
      • Data 4 Decembro 2014
      • Comentarios 0 Comentarios

      Unha vez feita a recollida da toponimia que aparecía no Catastro do Marqués de Ensenada, continúo coas pescudas.

      Agora é necesario acudir a outras fontes documentais, neste caso revisarei os libros de  amillaramento para ver se atopo topónimos novos.

      O amillaramento é unha serie documental manuscrita que contén unha relación nominal alfabética dos contribuíntes dun municipio, indicando as súas propiedades urbanas, rústicas e gandeiras, e o líquido impoñible de acordo coa súa valoración, facendo unha descrición dos terreos, se son cultivos e de que tipo, se son montes, baldíos, etc.

      O amillaramento está baseado en declaracións xuradas dos propietarios e comezou a facerse no ano 1846 nalgúns lugares, pero os contidos estaban desestruturados, polo que no ano 1856 estableceuse unha estrutura interna para que tódolos libros tivesen os mesmos contidos:

      •             Preámbulo ou dilixencia de apertura (indicando o termo municipal, partido xudicial, provincia e ano de inicio do amillaramento).

      •             Cartilla de avaliación (son expedientes elaborados pola administración provincial de facenda e a xunta pericial co gallo de establecer a base da riqueza impoñible).

      •             Relación alfabética de propietarios.

      •             Descrición das propiedades e líquido impoñible.

      •             Resumo da riqueza do concello.

      •             Peche coas firmas da totalidade dos membros da xunta pericial e do concello.

      Estes documentos atópanse na casa do  concello, neste caso como a toponimia que quero recoller é de San Xoán de Panxón, diríxome a Nigrán.

      Unha vez alí, e logo do cumprimento das formalidades esixidas para a solicitude do manuscrito en cuestión  -moitas grazas Cristina pola túa axuda e comprensión nesta materia-, diríxome ao arquivo municipal. Alí facilítanme os documentos, para a miña sorpresa, cando solicito o amillaramento, a arquiveira dáme un volume (o meu primeiro pensamento é positivo, trátase dun exemplar bastante menos groso que o Catastro de Ensenada) pero cando me vou cara ás escaleiras para subir á sala de lectura, ela pronuncia a seguinte frase:

      – “Agarda, que ese só é o primeiro volume”  ao xirarme vexo que leva nas mans outros tres!

      Antes de nada, quero e vexo necesario facer unha aclaración sobre este tema, o meu obxectivo é a simple recollida de toponimia, ese é o motivo polo que estou revisando todas estas fontes documentais, en ningún momento pretendo “saber” quen son os propietarios das terras, a cantidade de terras que posúen, o que pagaban, ou calquera outra cousa que se lles poida ocorrer, só busco os nomes dos lugares, esta é a miña única e exclusiva tarefa.

      Unha vez na sala, comezo coa recollida da toponimia. Este volume é de 1942.

      Podo dicirvos que a cantidade de nomes novos que aparecen é xenerosa, e para a miña sorpresa, veñen estruturados por barrios ou zonas, quero dicir que aparecen os nomes das veigas e o barrio ou zona á que pertencen, co que agora xa non teño só unha listaxe de nomes, senón que os podo separar por zonas, polo que cando vaia facer a xeolocalización dos mesmos a tarefa será máis fácil.

      Aquí vos deixo unha pequena mostra dos primeiros nomes que anoto:

      Crestas, na Rabadeira. Lameiro, na Xermaña, Debesa da Loba, en Patos, Pedra, na Porqueira, Ramonita, na Area Alta, Teixugueira, en Vilameán, Cacheiro, na Carballeza…

      Tamén observo, que dependendo de quen fose a persoa que conseguise os datos ofrecen moitas variantes (isto tamén ocorría no Catastro de Ensenada); aquí vos deixo un exemplo moi claro:

      •             Catastro de Ensenada: Xermaña, Xermania, Germania, Jermania.

      •             Amillaramento: Xermaña, Xermania e Xarmaña.

      Despois de tres días de baleirado, os resultados obtidos son os que seguen:

      A Area Alta: 72 topónimos, A Barcalleira: 10,  A Barxa: 6,  A Bouzabella: 43, Canido: 1, A  Carballeza: 21, O Carballo: 1, O Carregal: 22, Carreiro: 21, A Costa da Barxa: 3, Gaifar: 7, A Madorra: 6, Monteferro: 6, Os Mouricaldes: 3, Paraviñabal: 16, Patos: 64, As Pereiras: 1, A  Porqueira: 32, Prado: 3, O Quinteiro: 26, A Rabadeira: 17, O Reiro: 1, O Rial: 41, O Río do Forno: 6, San Xoán: 25, Sancho: 37, A Seara: 1, A Silvosa: 1, A Touza: 11, A Veiga do Adro: 1, Vilameán: 2 e A Xermaña: 76.

      Unha vez remata esta tarefa, o titor dime que lle bote unha ollada aos Censos do século XIX, a poder ser dende 1850 cara atrás, por se aparecen topónimos novos, xa que os dos amillaramentos son relativamente recentes.

      Así o fago, diríxome de novo ao Concello de Nigrán e solicito os devanditos documentos.  Reviso os Censos dende 1838 ata 1856, pero non aparece ningún topónimo novo, só os barrios de:

      San Juan, Gaifar, A Arealta, O Carregal, A Porqueira, O Quinteiro, A Rabadeira, Sancho, Patos, O Rial, Paraviñabal, A Barcalleira, A Carballeza, A Touza, A Madorra.

      Algúns destes barrios incluso “desaparecen” en censos posteriores, así lle ocorre á Carballeza, A Touza e A Madorra no censo de 1856. Outro tanto lle ocorre aos barrios da Area Alta e Paraviñabal, que si aparecen reflectidos no censo de 1856 pero non no de 1846. Noutros casos, como no censo de 1845, aparece A Bouzabella, que non se reflicte nos anos  posteriores.

      Agora toca facer o baleirado de todos os datos recollidos e informatizalos. Unha vez feito, poderemos comparar as dúas listaxes de datos, a do Catastro de Ensenada e a do amillaramento, e observar que nomes desaparecen e cales aparecen con case 200 anos de diferenza. Só con ver os datos antes rexistrados, xa sabemos que moitos deles son novos, pero o máis interesante, polo  menos para min, é saber cales se perderon. Unha destas perdas foi O Cocho dos Gaviláns, xa non se recolle no amillaramento.

      Polo tanto, se non facemos unha recollida exhaustiva nestes intres e localizamos no mapa a onde pertencen os devanditos nomes, seguramente xa non se poidan recuperar, debido a que os nosos maiores pouco a pouco van desaparecendo, e ao contrario que ocorría antigamente, esa información xa non pasa de pais a fillos, xa non é necesario localizar os lugares para traballar os campos, dado que estes van desaparecendo coa “urbanización”, así que a única alternativa que temos é darnos présa en localizar os poucos “vellos” que saben aínda onde se atopan esas terras nomeadas nestas fontes e rexistralas antes de que pasen ao esquecemento.

      Até a próxima.

       

       

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Caderno de campo: Recollida de topónimos na parroquia de Panxón (Nigrán): Nº1
      4 Decembro 2014

      Siguiente publicación

      Cea e TERTULIA do IEM con Xurxo Manuel Souto Eiroa.
      9 Decembro 2014

      Tamén che pode interesar

      panxon-antigo2
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº9
      21 Maio, 2015
      penisas-pequenas
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº8
      19 Maio, 2015
      panxon-antigo2
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº7.
      15 Abril, 2015

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?