• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Caderno de Campo

      • Inicio
      • Blog
      • Caderno de Campo
      • Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº4. “Os Fenales”
      fenales

      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº4. “Os Fenales”

      • Publicado por IEM
      • Categorías Caderno de Campo
      • Data 26 Decembro 2014
      • Comentarios 0 Comentarios

      Hoxe achégome ao Porto de Panxón, teño que localizar a un informante, Anastasio. O meu primeiro impulso é ir ao Refuxio do Pescador a ver se atopo alí este home, ao chegar falo con Tavo, dime que me vaia ata as pistas de tenis, que seguro que o atopo por alí. Vou camiñando ata este lugar, noutro tempo cuberto por dunas. Pregúntolles aos camiñantes, pero non o viron, volvo para o Porto.

      Alí coñezo a Chicha e a Matilde, dúas mulleres que viviron sempre en Panxón, e comezan a contarme pequenas historias da praia, do altas que eran as dunas, noutro tempo chamadas Fenales, do tipo de vexetación que as habitaba, unha flores brancas que as cubrían e tapaban coma un manto cun arrecendo marabilloso que asolagaba os sentidos nada máis achegarse a elas. Esta vexetación, segundo contan elas, non ten nada que ver coa actual, coa que queren “recuperar”, antes había “pericos” e “pitas”, cuns picos grandes que che atravesaban os dedos. As follas destas plantas usábanse para xogar, sentaban nelas e botábanse polas dunas abaixo. Tamén había feo, carrascos e cardos.

      Esta información tamén é confirmada por Antonio e Ángel, que ademais engaden que o vento ía movendo a area ao seu paso, facendo que os fenales cambiasen de situación e de tamaño, con “Moutillóns” grandes e outros máis pequenos e achatados. As casas cubríanse de area, aspecto que tiña que ser moi coidado porque esta area se depositaba enriba dos tellados e o peso podía facer que se afundise, co que tiñan que subir a limpalos.

      Contan que estes fenales cubrían toda a zona de Gaifar, dende a parte de abaixo do cemiterio, contra As Barrocas, ata as pistas de tenis na Area Alta, había zonas que acadaban os tres metros de altura, os Moutillóns, grandes montañas de area, e logo “fondonadas” pronunciadas, coma o Buraco das Bruxas ou ”Ulleiros” onde a auga permanecía durante os duros meses de inverno e eles utilizaban para xogar cos seus barcos artesáns. Estas dunas eran ideais para pór a secar o argazo e incluso as redes, deste xeito, por baixo das pistas de tenis onde está agora o aparcamento de terra chamábanlle O Campo das Redes.

      Chicha e Matilde contan como de cativas ían lavar a roupa á Fonte que hai na praia de Canido, cando subía a marea tiñan que ir río arriba (Río de Canido) coa banquetiña e coa roupa ata chegar a un lugar onde non subira máis a marea, xa que máis abaixo as augas estaban revoltas e era imposible lavar. Ademais cando se mataban os porcos, botaban os restos polo río abaixo co que xa non se podía lavar alí, e toca de novo ir río arriba para lavar a roupa.

      Como estamos sentadas a carón do Areal de Panxón, de fronte vemos O Castro, pregúntolles se alí se atoparon restos castrexos, din que si, que se atoparon tellas e algunha cousa máis relacionada cando se fixera unha escavación, pero que tamén se atoparon ao lado do Estela Maris, de feito hai unha “pizarras” na beirarrúa que o confirman.

      Pregúntolles se coñecen algunha lenda relacionada con Panxón, e dinme que a lenda da moura encantada, polo menos era a que lles contaban a elas cando eran cativas para amedrentalas e que non se achegasen ás pedras dos acantilados a xogar:

      “No Castro,  hai unha moura encantada, nos acantilados, que sae para asustar os nenos que se achegan alí e levalos con ela.

      A cova da moura encantada está na Praia do Castro (Madorra), vese cando baixa a marea, e discorre ata a Cova de Xabel en Monteferro atravesándoo por baixo.”

      Falan de guerrilleiros que fixeron o servizo en Monteferro,”na Batería”, e afirmaban que existía a tal pasaxe dende A Madorra ata a Cova de Xabel.

      Seguimos falando, neste caso do Orfanato do Mar, onde está agora o colexio, por enriba do Templo Votivo, contan que o mandou facer Espinosa, cura da parroquia, para os nenos orfos dos mariñeiros, pero non só para os de Panxón, senón de todo o territorio español. De feito tiveron dous nenos de Guinea, que no seu momento espertaron gran curiosidade.

      Falando de curas e monxas, de labores de costura e da política da época, achégase Nieves desde o porto para preguntarme se xa atopara a Anastasio, dígolle que non, e di, “pois aí cho vai!”. Despídome a toda présa das dúas relatoras e vou ao encontro de Anastasio, falamos un intre, intercambiamos teléfonos e quedo en chamalo para recoller a toponimia.

      Teño que recoñecer que me encantan as lendas, os contos e as descricións dos lugares que a xente maior ten nas súas cabezas de cando eran pequenos, teñen gran capacidade de comunicación, implícanse no seu relato cunha emoción que non son capaz de describirvos, iso hai que vivilo para ver do que vos estou a falar. Só podo dicir que así dá gusto traballar.

      Ata a próxima.

       

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Obsequios do IEM para estas Festas
      26 Decembro 2014

      Siguiente publicación

      Concerto de Fin de Ano do coro tradicional Cantares do Brión no Centro Cultural de Vincios.
      26 Decembro 2014

      Tamén che pode interesar

      panxon-antigo2
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº9
      21 Maio, 2015
      penisas-pequenas
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº8
      19 Maio, 2015
      panxon-antigo2
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº7.
      15 Abril, 2015

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?