• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Caderno de Campo

      • Inicio
      • Blog
      • Caderno de Campo
      • Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº5.
      panxonb-n

      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº5.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Caderno de Campo
      • Data 1 Abril 2015
      • Comentarios 0 Comentarios

      No día de hoxe achégome até A Cansadoura, preto das “Casas Baratas”, vivendas sociais que se fixeron para os mariñeiros. As vistas son espectaculares, vese Monteferro, o areal de Patos, as illas Cíes, a costa do  Morrazo…

      Nesta praia da Cansadoura, apañábanse moreas de argazo, debido á enseada varaban moitas algas nelas. O nome venlle dado porque cando se ía recoller o argazo, os carros e bois que se achegaban á praia para levar o produto á casa enterrábanse, e custaba moito mais sacalos de alí, cansábaste moito.

      Aquí hai unha chan, onde no día de hoxe se fai o mercado de Patos. Pola parte de abaixo desta explanada, o areal xa se chama Probecelo, este nome débese a un rego que cruza a praia nas pedras, e para un lado comeza A Praia de Patos e para o outro é A Cansadoura. Aquí tamén hai unha pedra, A Pedra dos Polbos, onde os mariñeiros ían limpar e mazar os polbos para levalos para casa, incluso xa se podían botar a cocer logo da malleira que recibían na devandita pedra.

      Enriba da Praia da Cansadoura, hai un saliente, O Comareiro da Cansadoura, e logo deste, xa comeza O Moutillón (un saliente no mar), A Praia de Castaño, o Rego de Castaño, a Praia de Carreiro, o Rego de Carreiro, As Lavasas, A Furna, As Curuxeiras en terra, As Groseiras, A Espadela, O Laño Grande, Os Baixos de Serra…

      Pola parte de arriba da devandita chan temos algunhas das casas mais antigas que había nesta zona da Rega do Reiro, “a das Mortes”, “a das Cuaresmas”, “a de Tío José da Ría alias O Parratapá”, e como non, a Residencia de Tempo Libre. O resto do terreo que sobe ate Monteferro eran todo campos cultivables.

      Voume ate as Casas Baratas, ou Péngamo, nome que lle puxo Isolina “A Coella” (pescantina de Panxón, que ía vender o peixe a Parada, e hai quen di que co seu burro chegaba até Tui atravesando polo camiño do monte para facer as ventas). Atópome con Antonio “O Cocheno”. Xustamente este home está casado cunha filla da tal Isolina. Recíbeme na súa casa e comezamos a falar.

      Antonio ten 80 anos, naceu en Canido, barrio que pertence a Nigrán, pero viviu en San Xoán ate que casou e se mudou para Péngamo. Cóntame que en Canido tiñan unha casa que era coñecida por “A de Calixto” na que había unha fonte que aínda se atopa alí, A Fonte de Canido, eles fixeron unha pia na que bebían os bois.

      Pola parte de abaixo da casa xa temos o mar, A Praia do Peito de Canido, A Praia de Panxón e A Praia de Lourido. Antonio adicouse á pesca, e pescou moito tempo coa arte do Boliche nestas praias. Segundo el conta, dunha vez, apañaron 150 kg de luras nun lance xunto O Río do Mallón.

      Preto desta casa, na Area Alta había un lugar chamado  O Salgueiral, situado por enriba das pistas de tenis, ao lado da Casa do Mar. Por debaixo deste salgueiral estaban Os Fenales (dunas), alí había moitos montes pequenos de area, ou “moutillóns”. Eran as antigas dunas de Gaifar, e nunha fondonada moi pronunciada estaba O Buraco das Bruxas. Este lugar está relacionado con diferentes lendas que Antonio me relata, algunha delas vivida por el mesmo ou por algún coñecido seu:

       

      “Unha vez que súa nai o mandara buscar pan, cando viña de volta viu unha señora vestida de negro no Buraco das Bruxas, andaba moi amodiño, paso a paso, estivo observándoa un anaco pero co medo foise correndo para casa, unha vez alí contoullo á súa nai, que lle dixo que seguro que era alguén que lle estaba gastando unha broma”

      “Unha muller estaba sentada no Buraco das Bruxas, Manuel que se atopa con ela, quedase observando, pensando estrañado (xa que era a unha da mañá)  qué  facía unha muller alí soa a esas horas, e pensa que seguro que hai un home cerca, ou que lle queren gastar unha broma, segue a observar e de repente a muller comeza a camiñar, dirixíase ao Salgueiral, el perséguea, unha vez alí, a muller métese dentro deste Salgueiral e de repente comeza un ciclón de vento impetuoso, co medo marchou para casa. Ao contalo ninguén lle creu”

      “Preto do parque, onde está o actual pavillón, había seis olmos, agora só hai tres. Era un lugar onde se reunía a rapazada , por enriba do cemiterio. Un dos rapaces dixo:

      –   Mira onde está un espírito! (referíndose a dúas luces)

      E co medo marcharon para casa. Na outra semana volven ao mesmo sitio, e no mesmo olmo ca da outra vez, volven ver as mesmas luces, co que de novo, marchan asustados para casa.

      Din que había un home que non tiña medo, foron buscalo e contáronlle o conto, co que dito home foi alí, ao lugar onde viran as luces, onde estaba o olmo. No chan había anacos de postes das viñas, co que o tal fulano, amarra un dos anacos de poste e dilles aos rapaces:

      –   Quietiños aí eh!

      A continuación di:

      • Si es deste mundo fala, senón con este poste mátote!

      E o “espírito” falou! Resulta que era un home que quería asustar aos rapaces, levaba un calacú na cabeza con dúas luces.”

       A maiores, Antonio fálame das cornetadas, trátase dun costume moi estendido pola nosa terra, onde a xente se reunía para cantar e facer soar o corno, e demais instrumentos improvisados, coma  todo tipo de cacharrada vella, para facer un escarnio, unha burla , cando un vello viúvo andaba cunha rapaza nova. Un deles foi o seu avó, que se xuntou cunha rapaza de 19 anos, que por certo tentaba sacarlle todo o que tiña, segundo el conta, (comenta que na casa tiñan lá das ovellas nunhas barricas, para facer colchóns, xa que eles non durmían en follato, e seu avó ía de noite ás barricas a coller lá para esa moza). Nunha ocasión xuntáronse preto de 200 persoas, do lado de Panxón e do lado de Canido , dividíaos o río, e fóronlle tocar ao seu avó, pero el estaba en San Pedro coa tal rapaza, e cantábanlle:

       

      “Valverde, Valverde, con quén te vas a amigar

      ca filla da Canexa que te vai arruinar”.

      Sempre se aprenden cousas curiosas e contos moi divertidos, que polo que vemos están moi vencellados á toponimia que se recolle. Até mañá.

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Edicións dixitais do IEM para descarga gratuíta: “Cinsa” e “Desenvolvendo o nobelo”.
      1 Abril 2015

      Siguiente publicación

      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº6.
      1 Abril 2015

      Tamén che pode interesar

      panxon-antigo2
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº9
      21 Maio, 2015
      penisas-pequenas
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº8
      19 Maio, 2015
      panxon-antigo2
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº7.
      15 Abril, 2015

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?