• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Caderno de Campo

      • Inicio
      • Blog
      • Caderno de Campo
      • Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº9
      panxon-antigo2

      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº9

      • Publicado por IEM
      • Categorías Caderno de Campo
      • Data 21 Maio 2015
      • Comentarios 0 Comentarios

      Hoxe é un día especialmente chuvioso, non apetece saír da casa, pero non queda outro remedio que pórse en marcha, vou ir xunto Zoila, alí polo menos non estarei á chuvia e sempre vén ben un deses contos que ela sabe relatar ás mil marabillas, que emoción é capaz de transmitir coa palabra!. Ademais ela tamén gaña coa visita, xa que a maior parte do día está soíña.

      Zoila ten 80 anos, pero realmente non os aparenta, viviu desde sempre en Panxón, primeiro na casa paterna, no Cascón, e agora no Tombo do Reiro. Por debaixo deste lugar sitúase A Rega do Reiro,  ate A Cansadoura. Para a outra man da estrada está O Reiro, e cara arriba As Cardosas, Os Merousos e A Xermaña.

      Ó chegar ó Tombo do Reiro chove a todo meter, o camiño, aínda sen asfaltar cousa que se agradece, mete auga por tódolos lugares, da igual que sexa costa abaixo, de subida…non hai quen de un paso sen enchufar o pé nos charcos. Pero as vistas son inigualables, é fermosísimo ver o mar bater contra as pedras con tanta forza e a algún destes afoutos rapaces enriba das táboas de surf…que valentes!!!

      Zoila comeza a falar da súa familia, das propiedades que tiñan, ela sabe cales son os nomes porque desde ben pequena, con 6 anos, foi cavar a súa primeira veiga de patacas, véñenlle as bágoas aos ollos cando mo conta. Pasaba todas as horas do día traballando nos campos, incluso lle levaban a comida alí.

      Acórdase cando ían ó argazo que varaba na Praia da Cansadoura. A recollida estaba organizada. Non podían comezar ata que parase o faro, e collíase en función do espazo que ocupasen os que querían recollelo, ou polo espazo que ocupaban as ferramentas que levaban, polo tanto a súa familia recollía moito porque xa eran 10 irmáns. Levábano nunha padiola (eran dous paus longos en paralelo atravesados con outros 4 paus, e con dúas asas de cada lado para o transporte), di que con 10 anos xa cargaba ela con ese peso.

      Zoila sitúame no mapa a toponimia que lle acorda, a maioría coinciden cos que me deu Sito: O Reiro, Carreiro, Os Campos da Barxa, A Costa da Barxa, A Revolta, A Lonca, A Reguiña (fonte cun manancial pequeno, ven dende Sancho), A Presa da Cuncagada (onde está o invernadoiro), A Mina Nova, O Bugarín, O Planes, O San Miguel das Arcas Cheas, As Barxas (onde puñan a meda de palla, porque o regato de auga estaba preto), O Don Joaquín de Arriba e o Don Joaquín de Abaixo, O Lagarto…

      Ademais cóntame algunha que outra historia de cando era cativa, dos seus avós, das súas tías. Cóntame unha historia dos seus tataravós:

      “Di que unha parte da familia era de Vilagarcía, alí eran arrieiros, levaban os burros cargados de sardiñas para vender. Eses arrieiros viñéronse para Panxón, tiñan 6 fillas. Aquí coñeceron aos arrieiros de Panxón, que tamén tiñan fillos, e así, unha filla dos primeiros casou cun fillo dos segundos. Pois ben, esta familia, chegou a ter 10 mulas, traballaron moito e puideron mercar moitas terras. O resto dos cartos, onzas de ouro, gardábanos nunha perola enterrada no chán da bodega, pero un día, un criado que tiñan traballando para eles, deu co agocho e roubou a perola coas onzas.

      Este criado tamén mercou moitas terras, pero chegado un día, púxose moi maliño, e cos remorsos foi onda esta familia para que o perdoasen polo que fixo, pero sen devolver un peso!”.

      Falamos de lendas, da lenda da moura encantada, dígolle que esa lenda xa a coñezo, e entón faime unha pregunta, se sei porqué aos nenos pequenos lles puñan un chapeu na cabeza e non lles deixaban ver cando pasaba un cortexo fúnebre cara á igrexa, ela lémbrase de ver facer iso.  Ben, pois parece que isto pertence ao folclore, á etnografía popular, é o que se coñece como o aire do defunto, o aire do morto, tento ou enfermidade do defunto, e non só se produce na cultura galega, hai rexistros noutras partes do Estado e incluso en rexións colombianas, como a de Boyacá. Elisardo Becoña, psicólogo da universidade de Santiago de Compostela, xa o recollía no seu libro “La Santa Compaña, el Urco y los muertos”:

      “ trátase de previr o contaxio da enfermidade, de que se meta a ialma do morto no corpo da vítima por causa de desatender as últimas vontades, para reparar algún mal, ou por non soterrar ao morto como debían, mantendo lonxe dos mortos aos nenos pequenos e ás mulleres embarazadas , posto que corren o risco de coller o mal e incluso de morrer se non se colle á tempo. Para curalo hai que acodir á unha muller especializada que nos indique o procedemento a seguir.

      Como vedes, o que se pode aprender dos nosos maiores é auténtica cultura galega, e está na man de todos nós achegarnos a ela e compartila, só así xermolarán as ganas de aprender dos nosos maiores e o respecto cara eles, que tanta falta lles fai.

      Até mañá.

       

       

       

       

       

       

       

       

       

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Últimas prazas para participar na Xeira do IEM “Tras os pasos do conde de Gondomar”.
      21 Maio 2015

      Siguiente publicación

      Our Books
      23 Maio 2015

      Tamén che pode interesar

      penisas-pequenas
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº8
      19 Maio, 2015
      panxon-antigo2
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº7.
      15 Abril, 2015
      a-madorra-panxon
      Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº6.
      1 Abril, 2015

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?