XEIRA IEM- Nigrán: “Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro”Venres 4 de agosto.
O vindeiro venres 4 de agosto gozaremos doutra nova xeira, esta vez polo concello de Nigrán, dentro do programa Xeiras do verán 2017 do IEM, e coa colaboración deste concello, “Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro”.
O punto de encontro e inicio da ruta será no Hostal Monteferro ás 20:30H, e será guiada polo especialista Xosé Lois Vilar Pedreira.
Os puntos de encontro atópanse no seguinte enlace:
https://drive.google.com/open?id=1uoP9KECUuiNkDOSj9xZQBxUIo94&usp=sharing