Temos o pracer de compartir unha nova achega das Colaboracións Literarias do IEM. Nesta ocasión trátase dun relato, autoría de Paco Álvarez de Senra.
Presentamos hoxe o poemario Volumes de Alivio da poeta cubana Dania D’Alfonso, en tradución de Miguel Anxo Mouriño. Dania, que vive en Morgadáns (Gondomar) dende hai máis dunha década, desenvolve a súa actividade profesional como cantante; témola visto e escoitado algunhas veces na vila condal, coa súa voz tan cálida e agradable, interpretando canción lírica dentro do grupo Soño de Calíope ou individualmente, no auditorio Lois Tobío, en magnífica interpretación dalgunhas arias de distintas óperas.
O 13 de marzo de 1966 morría en Palencia 37, no vigués barrio de Lavadores, o compostelán Victoriano Taibo, unha das voces máis destacadas da chamada Xeración das Irmandades, autor de poemarios como Abrente ou Da vella roseira e narrador en volumes como Da agra aberta. Mestre de profesión, foi tamén un entusiasta defensor da causa da lingua, sobre a que escribiu non poucos artigos, e pertenceu ao SEG e mais a RAG.
Nestes días despexados pero fríos, é unha ledicia quentarse ao sol ao pairo do mainiño nordés nunha tasquiña das que hai no paseo de Panxón e repousar o ánimo oíndo o cadencioso bruído das ondas desfacéndose na praia e recrear a vista coa paisaxe onde se mesturan, ben compaxinados, os distintos azuis do mar e os verdes dos campos e das árbores do monte, salpicados do branco de casas e barcos, e ao fondo, tras das brétemas esvaecidas, a serra da Groba.
Consideracións pragmáticas sobre a lingua
Este pretende ser un percorrido pola lingua eminentemente pragmático coa vocación de axudar, desinteresadamente, os usuarios que, por unhas ou outras razóns, teñen un dominio incompleto do idioma. Como isto sucede, maioritariamente, entre quen ten como lingua de instalación o castelán, usaremos con frecuencia a comparación con esta lingua.
O Instituto de Estudos Miñoranos vén traballando dende hai moitos anos na recuperación da figura e traxectoria do mestre e literato Victoriano Taibo García (Santiago 22/4/1885 – Vigo 13/3/1990). Mestre de Morgadáns entre 1930 e 1950 cun intervalo de catro anos nos que estivo desterrado en Villadar de los Comuneros (Valladolid – 1938). Membro da RAG e do Instituto de Estudos Miñotos, é autor dos poemarios Abrente, Da vella roseira, Abicedo e Cabrinfollas e moitos poemas soltos entre os que destaca Lembranza da tecedeira editada en versión facsimilar polo Instituto de Estudos Miñoranos. En prosa publicou Da agra aberta: contos e lendas así como unha multitude de colaboracións en revistas galegas e americanas.
Miñor dos Sobranceiros é unha nova sección da Sección de Filoloxía e Literatura do IEM na que en diversas achegas afondarase na vida e obra de diversos persoeiros que deixaron a súa pegada no Val Miñor. Serán publicadas nesta web e poderán consultarse nesta páxina de presentación na que imos colocar cada traballo en orde alfabética co obxectivo de facilitar as consultas.
Conchita Álvarez Lebredo, gañadora do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, encamíñase hoxe por unha senda moi querida polo Modernismo ofrecéndonos unha variante do soneto tradicional, o soneto dodecasílabo, con efluvios nostálxicos de Rubén Darío, …
Os textos A memoria do insomnio, No baleiro, Maneiras de vivir, Quebracabezas, De madrugada, e Noites de paixón conforman a peza poética titulada Cicatrices do Insomnio que hoxe compartimos por xentileza do seu autor, Ramón Sandoval (gañador da VI edición …
ESCRAVIZANDO LECTORES, é un texto escrito por Miguel Anxo Mouriño con motivo da presentación de ARGOLA, o novo poemario da escritora Marta Dacosta que fora presentado o venres pasado na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Preme aquí para descargar …